Embarcadoiros

No relativo aos embarcadoiros localizados nos ámbitos dos encoros, non será precisa unha autorización da DXPC para o uso e reparación das instalacións existentes, non existindo tampouco inconveniente na utilización das estruturas tradicionais existentes para tal fin. Porén, dado o seu potencial impacto ou o das infraestruturas necesarias para o seu uso, as novas instalacións deste tipo que queiran executarse ficarán condicionadas a un estudo conxunto do seu impacto ambiental e da súa viabilidade e necesidade, de tal forma que se evite o deterioro pola súa profusión.