O director xeral de Políticas Culturais

Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais

Nacido en Vigo (1964), Anxo M. Lorenzo Suárez é licenciado en Filoloxía Hispánica e doutor en Filoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona. É profesor do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo desde 1992, onde é profesor titular de universidade desde 2000.

No ámbito da política lingüística, foi durante cinco anos director do servizo lingüístico da Universidade de Vigo e participou na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Como sociolingüista, é autor de numerosas publicacións sobre política lingüística, así como sobre planificación e contacto de linguas.

Á fronte da Secretaría Xeral de Política Lingüística desde 2009, impulsou un novo modelo lingüístico no marco educativo, o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo, e puxo en marcha a primeira Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.