Patrimonio: ESPAZOS SONOROS

ESPAZOS SONOROS

Música, patrimonio, e natureza

Un xeito diferente de gozar de monumentos sobranceiros do noso país a través da música. Isto é o que propón o festival Espazos Sonoros, que este ano chega a súa undécima edición cun programa que inclúe oito concertos, ademais de andainas, visitas guiadas e obradoiros cos que afondar na (re)descuberta de espazos singulares do patrimonio galego.

Ler máis

Coa música antiga como principal fío condutor, a programación musical deste ano incorpora grupos nacionais e internacionais de estilos e procedencias diversas, desde o dúo Marés ata o conxunto Romanza, pasando pola música barroca para saxofón de Sax Antiqua, o recoñecido grupo vocal Capella Sancta Maria, M.Sancho Quartet, o virtuosismo das frautistas VIVID Consort e PER-SONAT.

A programación artística enriquécese con escenarios únicos en lugares de especial interese cultural e paisaxístico. Entre eles, o Quinteiro de Temperán (unha antiga casa agraria restaurada), a illa de Sálvora, o campamento romano de Ciadella, a igrexa de Santa María de Baiona, a fortaleza de Frouseira, a basílica de San Martiño de Foz, a igrexa de Santa María de Astariz en Castrelo de Miño ou a de San Xiao de Moraime en Muxía.

Descubre as novas propostas do festival na nosa axenda e na páxina web de Espazos Sonoros, e embárcate do 1 de setembro ao 7 de outubro nesta nova viaxe pola música e o patrimonio!

Documentos relacionados