Depósitos e instalacións provisionais

No caso de instalacións provisionais, nomeadamente os depósitos para rego ou os asociados a tratamentos fitosanitarios, e tomando en conta a limitación que supón manter as súas condicións de funcionamento, serán dispostos en lugares discretos, sen estruturas de carácter permanente e preverase a súa retirada cando non sexan necesarios ou prevendo a súa ocultación.

No ámbito da paisaxe cultural e sempre que non se afecte a zonas protexidas especificamente polo seu potencial arqueolóxico, permitirase as instalacións de abastecemento, rego e subministro eléctrico soterradas que non afecten ao mantemento dos socalcos.