Criterios e instrucións específicos para novas construcións

No marco do ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra poderán ditarse medidas, criterios e catálogos de solucións concretas que definan con precisión as magnitudes, os materiais e os procesos. Este réxime poderá ser incorporado aos modelos e plans de xestión que para o ámbito ou as actividades poidan desenvolverse, previo acordo da DXPC e oídas as entidades e comunidades afectadas, sen necesidade da revisión deste réxime de protección xenérico.