As cavadas ou cavaduras

As cavadas son unidades de medida, específicas do lugar, que miden o traballo diario dun home, superficie final que depende, da dificultade do terreo, accesibilidade e pendente, e transforman a unidade de tempo, en superficie, propiedade e forma. Adoita ser o bo traballo dunha xornada que atenda a cen cepas.

A medida adóitase equivaler noutro tipo de produción agrícola ao ferrado, pódese dividir en media cavada, un cuarto de cavada, ata contabilizar a propiedade por regos, xerando un parcelario, que nas pendentes da Ribeira Sacra faise protagonista, creando un tapiz múltiple de formas, que obedece a unha regras fondamente asentadas no tempo, e reflicten na paisaxe e a relación home natureza.