BIC xa declarados

Os bens inmobles xa clasificados coma Ben de Interese Cultural (BIC) en virtude de disposicións legais anteriores vixentes seguirán estando sometidos ao réxime actual que deriva de tal consideración.

En virtude do anterior, ademais, quedan exentos do procedemento de suspensión de licenzas de parcelación, edificación ou demolición, agás nos novos contornos delimitados nos que a suspensión das licenzas devanditas alcanzará ao novo contorno de protección establecido (sinálase no réxime LPCG co 17*), cos límites e condicións xa avanzados neste apartado. No caso do conxunto histórico de Castro Caldelas, posto que conta cun plan especial de protección aprobado en vigor, o concello será competente para  autorizar as intervencións que o desenvolven nas condicións descritas no artigo 58 da LPCG.

No caso de Monforte de Lemos, posto que nestes momentos está en tramitación o plan especial de protección, que xa foi aprobado inicialmente mais aínda non de forma definitiva, será de aplicación o réxime específico recollido no artigo 57 da LPCG. En concreto as intervencións precisarán da autorización da consellaría competente en materia de patrimonio cultural  e non se admitirán modificacións nas aliñacións e rasantes existentes, incrementos ou alteracións do volume, parcelacións nin agregacións que supoñan modificación das fachadas e, en xeral, cambios que afecten a harmonía do conxunto.

As intervencións nestes ámbitos rexerase polo disposto na  LPCG, e nomeadamente recóllense os artigos aplicables a cada un deles. No caso dos contornos de protección, será de aplicación o disposto na Instrución do 8 de novembro de 2017 devandita, tomando en consideración o seu ámbito concreto de aplicación e as especificidades dos conxuntos históricos