Nas ribeiras dos ríos Miño e Sil atópase un número elevado de bens de interese cultural xa declarados, en especial monumentos relacionados coa actividade dos mosteiros e dos priorados, pero tamén algúns conxuntos de interese polo seu valor etnolóxico sobranceiro e porque completan a descrición da identidade do territorio máis aló das dependencias do monacato.
Estes elementos, para os efectos dos traballos de recoñecemento e delimitación, se denominan intraámbitos. As superficie definidas para a protección destes elementos, dos cales xa existía en moitos casos ou unha delimitación específica delimitada ou un estudo sobre as relacións co contornos nos arquivos da DXPC, incorpóranse por completo, e en casos como límites, para a protección dos valores culturais do territorio.
Este criterio tamén se emprega para a incorporación doutros bens de valor cultural catalogados que existen na área de estudo, cuxa delimitación tamén serve como referencia. Os límites adáptanse tamén, polo tanto, á delimitación e contorno establecidos en declaracións ou catalogacións previas.