Aviso: Reanudación da tramitación da convocatoria das bolsas de museos

Reanudación da tramitación da convocatoria das bolsas de museos
Faise pública a resolución asinada polo conselleiro de Cultura e Turismo para a continuación da tramitación da convocatoria das bolsas de museos. (procedemento CT 110B).
O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestón da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, interrumpira os prazos para a tramitación da Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2020 (código de procedemento CT110B).
Esta nova Resolución establece "Continuar coa tramitación da Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2020 (código de procedemento CT110B), levantando a suspensión do procedemento e reabrindo o prazo de presentación de
solicitudes durante 29 días naturais".
Para o texto completo da Resolución, ver anexo.
Consulta do prazo e a documentación a presentar, neste enlace.