Aviso: O Consello da Xunta recoñece a Casa da Navegación de Baiona como centro museístico

O Consello da Xunta recoñece a Casa da Navegación de Baiona como centro museístico
Na colección vistable destacan os fondos arqueolóxicos procedentes do comercio marítimo
O Consello da Xunta, na súa reunión do 26 de xaneiro de 2017, recoñeceu a Casa da Navegación de Baiona como centro museístico.
Os obxectivos desta colección visitable de titularidade municipal son a protección, a conservación e a difusión dos bens materiais e inmateriais do patrimonio cultural vinculado co porto e coa vila de Baiona no contexto da navegación atlántica. Entre os seus fondos destacan os de carácter arqueolóxico, fundamentalmente material cerámico que chegaba a través do comercio marítimo.
Situada na Casa Carvajal, a Casa da Navegación está aberta ao público de martes a domingo co seguinte horario: de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 (outubro-xuño) e de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 (xullo-setembro).