Aviso: Xornadas sobre conservación no Museo do Castro de Viladonga

Xornadas sobre conservación no Museo do Castro de Viladonga

Reflexionar sobre os problemas da conservación das estruturas castrexas

II Xornadas sobre a conservación en castros do NO peninsular. Celébrase do 12 ao 15 de xuño.

Xuntanza para a análise e a reflexión sobre a conser­vación de castros, tanto galegos como castros de Asturias, Portugal e León. Levarase a cabo en diferentes localizacións ao longo de tres días (Lugo, Portomarín e o Castro de Viladonga), entre o 12 e o 15 de xuño de 2015. e están destinadas sobre todo a conservadores e restauradores, arqueólogos, museólogos, xestores culturais, estudantes e profesionais e calquera persoa interesada.

Están organizadas polo Museo do Castro de Vilaodnga e BIC Materiales y Conservación, coa colaboración da USC (Vicerreitoría do Campus de Lugo, Facultade de Humanidades); a USC recoñece un crédito de libre configuración ao seu alumnado. 

A inscrición é de balde.

Estado de trámite: En trámite

Comparte