Na área delimitada como BIC da paisaxe cultural da Ribeira Sacra a protección terá por obxecto para garantir os valores que o fan merecente da excepcionalidade e dos seus valores singulares; así, quedarán sometidas a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DXPC) as actuacións nos bens que conten cunha protección singularizada (intraámbitos clasificados ben de interese cultural, resto de bens que conten con esta consideración en función da LPCG, coma os petróglifos, os hórreos, cruceiros e petos de ánimas e os escudos, e todos os bens que teñan a consideración de bens catalogados ao estar recollidos nos catálogos das normas provinciais subsidiarias de planeamento ou nos diferentes planeamentos urbanísticos) e os seus contornos de protección, segundo o procedemento xa vixente na actualidade. Tamén será precisa a autorización para os proxectos de obras de novas infraestruturas, instalacións e construcións que se localicen no ámbito delimitado. No caso das edificacións existentes someteranse á autorización as novas obras de reestruturación e ampliación.
Área delimitada como BIC da paisaxe cultural da Ribeira Sacra
