Alegacións anteproxecto (xuño-xullo 2019)

A Estratexia da Cultura Galega (ECG21) naceu coa vontade de propiciar un diálogo enriquecedor e de favorecer o entendemento e a suma de esforzos arredor da cultura galega.

Con este motivo, nunha primeira fase, contemplouse a participación da cidadanía no proceso de elaboración do documento a través de reflexións e propostas ás que tiveron acceso diferentes grupos de traballo tales como profesionais e empresas culturais, institucións ou entidades de base e asociacionismo cultural. En concreto, 490 persoas interviñeron nas xuntanzas territoriais realizadas nas sete cidades galegas e nos oito grupos de traballo sectoriais que xiraron ao redor do Libro, o Audiovisual, as Artes escénicas, a Música no eido da difusión da cultura, a Música como Industria cultural, as Artes plásticas e visuais, o Patrimonio cultural e as Institucións culturais. Foron, en total, 85 horas de discusión sobre os aspectos e intereses nucleares sobre o presente e futuro da cultura galega.

Nunha segunda fase, e tras a presentación do anteproxecto da ECG21, ábrese o proceso de alegacións públicas a través desta páxina web.

Calquera observación para incluír na redacción final do texto, pódese facer mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo estratexia-cultura-galega@xunta.gal, indicando claramente os cambios que se propoñen (sinalando a páxina e/ou apartado concreto que desexa modificar, así como o texto alternativo que propón).

A data final para o envío de propostas será o venres 5 de xullo de 2019.

Documentos relacionados