Subprograma Cultura de Europa Creativa

O subprograma Cultura de Europa Creativa é o programa de financiamento europeo específico para todos os proxectos culturais, cuxos obxectivos xenéricos son fortalecer as empresas culturais e creativas para que poidan operar no ámbito transfronteirizo e internacional e impulsar a circulación e a mobilidade transnacional de artistas e obras. 
Partindo dunha idea con valor engadido europeo, as prioridades do programa son a dixitalización, os novos modelos de negocio e o desenvolvemento de novas audiencias.