Nova: Galicia culturea anima o verán con actividades de música, teatro, maxia e obradoiros

22/07/2016

Galicia culturea anima o verán con actividades de música, teatro, maxia e obradoiros

O martes arrancan en Arteixo co espectáculo "Palabras máxicas", do mago Dani García, as 59 actividades impulsadas dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística

 

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016.- O programa "Galicia culturea", impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para enriquecer os meses de verán coa celebración de preto de 600 actividades culturais e de dinamización lingüística en 166 concellos, achega esta fin de semana un total de 24 actividades a 20 concellos das catro provincias.

Trátase de espectáculos de maxia, obras de teatro, obradoiros, exposicións, concertos, recitais de poesía e actividades de dinamización á lectura, entre outras propostas. Todas elas ou ben son promovidas directamente por diferentes departamentos da propia Consellería de Cultura ou ben contan coa implicación e colaboración dela.

No caso da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o vindeiro martes está previsto que comece en Arteixo a xira das tres actividades deseñadas de forma específica para o programa "Galicia culturea": "Palabras máxicas", espectáculo de maxia a cargo de Dani García; "Contos vellos para rapaces novos", proposta de contacontos inspirada na obra homónima de Xosé Neira Vilas; e "O zapateiro e o raposo", actividade de contacontos para pór en valor a oralidade da lingua galega.

En total, dende o martes 26 de xullo ata o 4 de setembro, a Secretaría Xeral de Política Lingüística programará 59 actividades destas tres propostas nos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta.

‘Galicia culturea’ Sábado 23 de xullo

  • En Bueu (Museo Massó, 12.00 horas), Obradoiro coa redeira Consuelo Martínez para achegarse ao mundo do mar a través do oficio tradicional de redeira.
  • En Carballo (Biblioteca Pública Municipal - 18.30 horas), A música das árbores: actividade de dinamización con música, teatro e danza.
  • En Pontevedra (Praza do Teucro - 19.30 horas), Magín Blanco e a Banda das apertas: espectáculo musical para toda a familia.
  • En Covelo (Igrexa de San Martiño - 20.30 horas), concerto de Voz Stellae: no Ciclo de Música Relixiosa Barcia de Mera.
  • En Carballo (Biblioteca Pública Municipal - 20.30 horas), Con dez poemas por barba: recital de poesía visto doutra forma a cargo de Aldaolado.
  • En Melide (Casa da Cultura - 20.30 horas), Os Bolechas ván ás Olimpíadas: actividade infantil de dinamización lingüística.
  • En Lugo (Praza de Santa María - 21.00 horas), De Vacas: concerto de versións á galega dun amplo abano de estilos e música, a cargo de Faia Díaz, Inés Salvado, Paula Romero e Guillerme Fernández.
  • En Santiago de Compostela (Cidade da Cultura - 21.00 horas), Orquestra de Cámara Galega: concerto incluido nos Atardeceres no Gaiás.
  • En Begonte (Baamonde - 22.00 horas), The covers band en concerto: concerto de música rock.
  • En Barro (Parque A Barosa - 23.00 horas), The Cerne en concerto: concerto de música rock.
  • En Vilagarcía de Arousa (Sala Bianco Sama - 23.30 horas), Músculo!: presentación do primeiro disco deste grupo.
  • Na Illa de Arousa (diferentes espazos - 12.00 horas e 21.00 horas), Sesión vermú co grupo de gaitas Dorna (no Bar Riveirán) e Concerto de Tatán "Chapeau" no Auditorio.
  • No Grove (Náutico - 23.45 horas), Presentación do disco Sexercise: música soul-rock.
  • En Rianxo (Praza Castelao - 12.00 horas/23.00 horas), Feira do Libro de Galicia: contacontos infantís, animación á lectura e concertos.
  • En Ribadavia (varios lugares, 12.00/23.00 horas), Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia: espectáculos das compañías Limiar Teatro (Don Quixote, unha comedia gastronómica) e Oskaras Korsunovas Theatre (A Gaivota).

 

‘Galicia culturea’ Domingo 24 de xullo

  • En Rianxo (Praza Castelao - 12.00 horas/21.00 horas), Feira do Libro de Galicia: obradoiros infantís e presentacións de libros.
  • En Amoeiro (Igrexa de Santiago de Parada, 19.00 horas), Lémbrame un soño: concerto de arpas e voces a cargo de Lulavai.
  • En Paradela (Piscinas municipais - 19.00 horas), Perto de ti: espectáculo do Mago Teto.
  • En Pontevedra (Praza do Teucro, 19.30 horas), Picadillo Circus: espectáculo de novo circo da compañía Duende Sico.
  • En Ribas de Sil (Anfiteatro da praia fluvial - 20.00 horas), O poeta do Miño: espectáculo homenaxe ao poeta Manuel María.
  • En Monterrei (Albarellos, 20.00 horas), Petit Cabaré Pistacatro: espectáculo de novo circo da compañía Pistacatro Produtora de Soños.
  • En Vigo (Museo do Mar de Galicia), Mexillón de Galicia: peche da exposición de medio cento de imaxes e un audiovisual de Xurxo Lobato sobre o sector e a súa actividade.
  • No Rosal (Praza do Calvario - 22.00 horas), Roi Casal: concerto cos temas do seu último disco, "Donos do noso destino".
  • En Ribadavia (varios lugares - 13.00/1.00 horas), Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia: espectáculos das compañías Ibuprofeno Teatro (Fitness), Chévere (Eroski Paraíso) e Matarile Teatro (El cuello de la jirafa).
     

Comparte