Feiras internacionais do libro

  • Feira do Libro de Frankfurt
  • Feira do Libro de Guadalaxara

Unha das principais liñas de promoción de obras galegas nos mercados exteriores é a presenza de libro e autores galegos nas principais feiras internacionais do libro, unha programación desenvolvida en acordo coa Asociación Galega de Editores.

As feiras internacionais constitúen espazos de promoción, difusión e intercambio das publicacións galegas en diferentes ámbitos xeográficos de Europa e de América. A Xunta de Galicia asume a organización e coordinación da promoción conxunta, co fin de impulsar a competitividade da literatura galega no mercado internacional, mediante o apoio aos creadores e o fomento da innovación na edición, distribución e promoción do libro galego no exterior.

 

CALENDARIO DE FEIRAS INTERNACIONAIS DO LIBRO 2017

Feira do libro infantil de Boloña (Italia): do 3 ao 6 de abril

Feira do libro de Buenos Aires (Arxentina): do 25 de abril ao 15 de maio

Feira do libro de Frankfurt (Alemaña): do 11 ao 15 de outubro

Feira do libro de Guadalajara (México): do 25 de novembro ao 3 de decembro

Feira do libro Liber (Madrid): do 4 ao 6 de outubro

 

Catálogo plurilingüe de publicacións infantís e xuvenís

Para promover os autores no contexto das feiras internacionais, a Xunta de Galicia, coa colaboración de Gálix, edita e distribúe cada ano o Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia, descargable no apartado de Publicacións.

Calendario de Feiras internacionais do libro 2016

Calendario de Feiras internacionais do libro 2015

Calendario de Feiras internacionais do libro 2014