Evento: Bobas&Galegas
Bobas&Galegas
Autor e director: Quico Cadaval
Elenco: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
Tras o grande éxito de Shakespeare para Ignorantes no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro en 2013, a directora do festival propuxo facer unha coprodución para estrear o novo de M&B na edición deste ano. Así naceu Bobas & Galegas, espectáculo trunfador durante as catro representación no festival deste ano e producción encargada de abrir o prestixioso escenario do Corral de Comedias de Almagro.
Sinopse de Quico Cadaval: Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa & Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresaron a Almagro para saciar a dúa sede de vinganza. Quen é a víctima? O inocente teatro clásico español. Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquirieron unha enfermedade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva. Cales son as súas armas? Dúas fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos. Poden transformarse, para lograr os seus fin, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galega.
Espectáculo que forma parte da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.