Evento: Resaca

Resaca
sábado, 16 decembro, 2017 - 21:00
Teatro Lauro Olmo,
O Barco de Valdeorras
Ilmaquinario Teatro reflexiona sobre a memoria individual e colectiva

Resaca é un espectáculo multidisciplinar no que o teatro conversa coa performance, a poesía, a narración oral e a música en directo para tratar de recompoñer a historia da vida de Álex, unha persoa común que dalgunha maneira resume e simboliza o sentir dunha xeración que continúa buscando o seu lugar nun mundo que se atopa en proceso constante de transformación e crise.

Resaca é o resultado dun traballo documental sobre a memoria familiar e afectiva de todos os membros de ilMaquinario Teatro, a través da súa relación cunha persoa recentemente desaparecida. A reflexión sobre a súa perda activa a súa necesidade para salvagardar a memoria común fronte a vertixe cotiá que nos empurra cara adiante sen ter en conta a importancia do pasado.  Unha viaxe na que o espectador transitará polos territorios da tenrura, a comicidade, a reflexión e a emoción da man de cinco intérpretes que fan das súas propias vidas materia escénica.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Noso
18 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense