Evento: Retahilando
Retahilando
Retahilando do ciclo Domingos no Principal.
Sinopse: A tecedeira que tece o mundo chámase Sis Sas e é moi moi vella. Ela tece e tece, todo o tempo tece o tempo. Nacen as persoas, tecidos de historias. Unha vida... un tecer o tempo. Tempo para fiar, enfiar, coser e cantar. Historias dun tempo pasado, obxectos que son contos, cancións con aromas de países mediterráneos. En Retahilando todo recorda, pero nada é exactamente como un soño.
Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2016.
Teatro de actor e contos con música en directo. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 3 anos
Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a un prezo de 4€/sesión e caso de non esgotarse, 2h. antes de cada función na billeteira do Principal.
Venda exclusiva de abonos na por billeteira telefónica no 900 504 500 ou Ataquilla.com
Poderás escoller entre dous tipos de abono:
1) Abono de mañá: Darache acceso ao pase matinal das 12:00 h nas 7 funcións do Teatro Principal.
2) Abono de tarde: Darache acceso ao pase das 18:30 h nas 7 funcións do Teatro Principal
Máis eventos de tipo Espectáculo