Evento: Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo

Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo
luns, 30 xaneiro, 2017 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo

Taller creativo ao redor desta importante artista

Neste obradoiro de manualidades achegamos a figura desta artista galega aos participantes, pintando en pedra as súas características máscaras, sorrintes e tristes, baseadas na traxedia clásica.

O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 6 a 10 anos. O límite de prazas é de 10. Para poder participar no obradoiro é precisa a inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca.

A actividade está a cargo de persoal da biblioteca e celébrase na sala infantil.

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola