Evento: Xornada Camilo José Cela. O centenario dun Nobel

Xornada Camilo José Cela. O centenario dun Nobel
martes, 24 xaneiro, 2017 - 16:30
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Xornada Camilo José Cela. O centenario dun Nobel

Xornada sobre a figura de Cela, o seu legado e a súa posta en valor

A súa figura, o seu legado e a súa posta en valor. A xornada Camilo José Cela. O centenario dun Nobel abordará as múltiples caras do escritor galego: novelista, articulista, dramaturgo, poeta, académico… pero tamén editor, pintor, coleccionista ou actor. No marco da exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, percorreremos a aventura persoal, intelectual, literaria e artística de Cela a través de expertos como o comisario da mostra Adolfo Sotelo Vázquez, catedrático de historia da Literatura Española da Universidade de Barcelona; os responsables de conservar o seu patrimonio artístico e bibliográfico na Fundación que Cela fundou en Iria Flavia; e da directora artística e decoradora Marta Villar Sanjurjo, responsable de montaxe da exposición.

Programa
16:30 | Camilo José Cela: a polifonía dun escritor. Adolfo Sotelo Vázquez. Comisario da exposición  
17:45 | O legado dun Nobel. Fundación Pública Gallega Camilo José Cela.
18:00 | O proxecto de montaxe da exposición. Marta Villar Sanjurjo. Percorrido pola exposición e ronda de preguntas.

Inscricións en http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xornada-camilo-jose-cela-o-cent...

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense