Evento: Ensemble nº1

  • Unha obra da artista
Ensemble nº1
sábado, 17 decembro, 2016 a sábado, 28 xaneiro, 2017
The waiting room. Sala de espera OnFisio ,
Pontevedra

Ensemble nº1

A pintura segue sendo pintura

A sala de espera OnFisio, clínica de fisioterapia ubicada en Pontevedra, convertiuse en abril de 2016 en sala de exposicións, e iniciou así unha colaboración que serve de marco para achegar as propostas de novos artistas, ofrecendo un novo espazo para a arte e a cultura.

Ensemble nº1, é unha proposta da artista Rocío Osorio, na que presenta unha serie de variacións sobre un mesmo tema: a pintura. Pintura que ocupa o lenzo, que nega a fotografía, pintura materializada sen pintura e pintura ensamblada tridimensional forman unha composición armónica.

A exposición está organizada por Latamuda e comisariada por Francisco Porto.

 

Maís información

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura