Evento: Tartufo

Tartufo
xoves, 29 setembro, 2016 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela
Versión do CDG desta coñecida obra de Molière

Jean-Baptiste Poquelin, Molière
Carles Alfaro, director

Elenco:
Casilda Alfaro: SEÑORA PERNELA, nai de Orgón
César Cambeiro: ORGÓN, marido de Elmira
Antela Cid: ELMIRA, muller de Orgón
Xoán Fórneas: VALERIO, namorado de Mariana
Mónica García: CLEANTA, irmá de Elmira
Marta Lado: MARIANA, filla de Orgón
Roberto Leal: SEÑOR LEAL, axente xudicial
Rebeca Montero: DORINA, criada de Mariana
Alejandro Saá: TARTUFO
Patricia Torres: DAMIS, filla de Orgón

Tanto Orgón, membro da alta burguesía parisiense, coma a súa nai, Madame Pernelle, atópanse baixo a influencia de Tartufo, un falso devoto que se erixe no seu director espiritual e que persegue, en realidade, ficar con todos os bens do seu protector. Ao mesmo tempo, este impostor trata de casar con Mariana, a filla de Orgón, mentres seduce a súa segunda muller, Elmira. A trama vaise complicando progresivamente coas intervencións de Damis (fillo de Orgón), Cleanto (irmán de Elmira) e Valerio (amante de Mariana), que son puntualmente comentadas dende o ácido punto de vista da criada Dorina.

Esta comedia de enredos, aparentemente lixeira, non só cumpre a función propia do seu xénero: divertir os espectadores, senón que posibilita unha segunda lectura sobre o que pode chegar a suceder cando un farsante se interpón entre o poder e quen o posúe co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais. Fálanos do alcance das aparencias, da cegueira que provoca non querer ver e das visións que substitúen a realidade.

Tartufo fálanos, en fin, do perigo que corremos nós e mais a nosa xente cando confundimos a hipocrisía coa honestidade e a honestidade coa hipocrisía.

Máis información das funcións, aquí.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Petit Cabaré Pistacatro
20 de abril, 18:00
Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
O auto do Castromil
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
O dragón de ouro
20 de abril, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
La punta de mi nariz
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra