Evento: Filocafé

Filocafé
domingo, 5 marzo, 2017 - 18:30
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Filocafé

Conversas públicas cun enfoque filosófico

O CGAC comeza o curso académico cunha nova edición do Filocafé no CGAC. O primeiro domingo de cada mes ás 18:30, desde setembro ata xuño (agás nos meses de decembro e xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cantina. Os filocafés son conversas públicas cun enfoque filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera disciplina ou nivel de coñecemento. 

As sesións estarán dirixidas por profesionais de diversas disciplinas como María Meijide (artista), Carlos Santiago (dramaturgo, escritor e músico), Camilo Franco (xornalista, escritor, crítico teatral), María do Cebreiro (poeta, teórica da literatura), Suso Fandiño (artista plástico), María José de Castro López (médico pediatra, investigadora e especialista en enfermidades raras), Fermín Blanco (arquitecto) e Celso Fernández Sanmartín (poeta, contador de historias e filósofo).

 

Unha vez ao mes, unha obra de arte sairá dos almacéns do museo para acompañarnos no debate e dialogar como un contertulio máis mentres degustamos un café. A peza elixida empregarase como punto de partida para a conversa. Pero non se vai falar de arte, ou non só de arte, senón de calquera tema que suxira a obra nun nivel conceptual, formal ou anecdótico. Poderase falar de ciencia, gastronomía, política, música, filosofía, cine, estética, actualidade..., asuntos mundanos ou elevados, de xeito que todas as persoas que o desexen poidan opinar e achegar as súas reflexións sobre os temas que vaian xurdindo de maneira espontánea.
 

PROGRAMA
5 de marzo. Suso Fandiño
2 de abril. María José de Castro López
7 de maio. Fermín Blanco
4 de xuño. Celso Fernández Sanmartín

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes