Evento: O tolleito de Inishmaan
O tolleito de Inishmaan
Santi Romay
Susana Dans
Ana Santos
Evaristo Calvo
Melania Cruz
Marcos Pereiro
Toni Salgado
Ricardo de Barreiro
Sinopse: Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxescuriosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos
que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.
Un espectáculo da compañía Contraproducións gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.
Obra teatral que forma parte da Rede galega de teatros e auditorios.