Evento: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
sábado, 16 xullo, 2016 a domingo, 24 xullo, 2016
Ribadavia,
Ribadavia

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A súa 32 edición pon o foco na súa dimensión internacional e nas olladas femininas

20 compañías procedentes de Lituania, Francia, Arxentina, Chile e diferentes puntos de Galicia e do resto de España. Ademais de reforzar a súa dimensión internacional, este ano o encontro concederá un especial protagonismo ás olladas femininas a través dos traballos de actrices como a arxentina Laura Nevole, a madrileña Eva Rufo, a sevillana Carmen Gallardo ou as galegas Mabel Rivera, Belén Constenla e Patricia de Lorenzo.

A memoria, a violencia, a palabra e a arte son os principais eixos temáticos ou motivos recorrentes a partir dos que a organización da MIT deseñou a súa programación de 2016, na que un dos pratos fortes será a presentación en Galicia do traballo de Oskaras Koršunovas, director do Teatro Municipal de Vilna, en Lituania. Koršunovas dirixe a posta en escena de ‘A gaivota’, de Chejov, espectáculo xurdido a raíz dos laboratorios desenvolvidos tanto no seu espazo como no Colexio de Teatro da Bienal de Venecia.

Nesta oferta internacional, destaca tamén a mestura de cómic, vídeo e teatro da veterana formación chilena TeatroCinema, dirixida por Juan Carlos Zagal, que chegará a Galicia coa montaxe ‘Historia de amor’.

Aniversario de Matarile Teatro
Como en edicións anteriores, a escena galega continuará tendo unha importante presenza nesta carteleira, que este ano concede un especial protagonismo a Matarile Teatro con motivo do seu trixésimo aniversario. A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño exhibirá en Ribadavia ‘El cuello de la jirafa’, ‘Teatro invisible’ e ‘Antes de la metralla’. Esta última proposta está pensada como un encontro escénico entre diferentes profesionais do panorama artístico estatal, que se concretará nun espectáculo aberto e en evolución para se adaptar aos espazos e festivais nos que se presente trala súa estrea en Ribadavia.

Máis información

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos