Evento: Pinocchio
Pinocchio
Sinopse: Pinocchio é a historia dun neno libre, sen prexuízos nin complexos, desobediente e traveso, pero, á vez, inxenuo, moi inxenuo. Geppetto, co instinto protector dun pai, tenta velar pola súa educación. En cambio, Pinocchio, desobediente, verase inmerso en diversas aventuras, que lle farán crecer e madurar como persoa ata acabar extenuado. Esta é unha interpretación que La Baldufa fai do texto orixinal de Carlo Collodi.
Papel e madeira póñense a disposición da historia para conseguir unha proposta versátil e moi orgánica a partir da que poderemos mergullarnos no imaxinario dun neno-monicreque. Un conto que permite reflexionar sobre valores como a educación, o esforzo, a responsabilidade e a sinceridade.
Premio ao Mellor Espectáculo, Feira de FETEN, Xixón, España, 2015
Premio á Mellor Dirección, Feira de FETEN, Xixón, España, 2015