Evento: O turismo: entre o parque de atraccións e as invasións bárbaras
O turismo: entre o parque de atraccións e as invasións bárbaras
Santiago de Compostela, cidade turística por excelencia, estase a beneficiar dun incremento acelerado no número anual de visitantes. Esa inxección de recursos é un maná moi prezado en tempos de crise, especialmente para os sectores de restauración, hostalería e comercio. Con todo, e á luz do sucedido noutras latitudes, esa afluencia masiva podería ter consecuencias non desexables. A especialización turística leva en ocasións aparellada un empobrecemento dos usos urbanos, así como a expulsión de poboación e de formas de vida autóctonas. A venta de experiencias manufacturadas contribúe á homoxeneización cultural do planeta. Nesta sesión analizaremos as luces e as sombras dun fenómeno que non para de medrar desde mediados do século XIX, e cuxos movementos a escala global xa superan os mil millóns de persoas cada ano.
Programa
12:00 | Relatorio: Lluís Bonet. Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona, investigador invitado do MIT (Massachusetts Institute of Technology) e profesor invitado da Universidade de Montpelier. Director da formación superior en xestión cultural da UB, na que se inclúe un Posgrao en Turismo Cultural. Conferenciante en máis de corenta países, ocupa diversos cargos en instancias internacionais. Entre as súas múltiples publicacións, foi coautor da obra “Políticas para la creatividad. Guía para el desarrollo de las industrias culturales y creativas” (UNESCO, 2010).
13:15 | Teatro cómico: “Mofa e Befa”. Os dous meirandes trastes da escena galega, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, presentan a súa última acción ‘We are differents’, na que o turista é despoxado das súas múltiples máscaras para desvelar a súa auténtica natureza: a de mostro devorador das diferenzas.
+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/o-turismo-entre-o-parque-de-atr...
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso