Evento: Ensaio sobre a cegueira
Ensaio sobre a cegueira
Ensaio sobre a cegueira
Obra teatral de Sarabela Teatro, baseada nunha novela de Saramago
Un home parado diante dun semáforo en vermello queda cego de súpeto. É o primeiro caso dunha cegueira branca que se expande de xeito fulminante. Internados en cuarentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: A vontade de sobrevivir a calquera prezo.
Nun mundo así, haberá esperanza? Con todo, cabe a posibilidade de que homes e mulleres se rediman pola práctica da lei, da solidariedade, da moral e da ética.
Sarabela Teatro adapta esta afamada e coñecida novela do Premio Nobel de Literatura José Saramago.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez