Dinamización da cultura: tema destacado

QUE PASOU NO 2015?

Memoria de actividades de cultura

O 2015 foi un ano cheo de actividade cultural en Galicia e tempo de sementeira para os grandes eventos internacionais de 2016. Toda a actividade de Cultura da Xunta de Galicia descríbese na Memoria de actividades 2015.

 

Ler máis

O que rematou foi un ano importante no avance do libro no ámbito dixital, coa rodaxe da nova plataforma de préstamo bibliotecario de libro electrónico GaliciaLe e da posta en marcha da libraría dixital da Xunta de Galicia. Tamén para o recoñecemento do noso patrimonio cultural, coa declaración de Patrimonio Mundial da Unesco das catro rutas dos Camiños do Norte. Foi ano de exposicións artísticas de referencia, como O primeiro Picasso ou José Suárez. Uns ollos vivos que pensan. E de difusión escénica e musical por todo o territorio galego, coas intensas programacións da Agadic. Foi ano de cine galego de primeira. E ano de sementeira para os eventos que porán a cultura galega no relato internacional: a celebración dunha nova edición do Womex en Santiago de Compostela e o convite de honra da Feira do Libro de Buenos Aires.

Toda a actividade promovida polos departamentos de Cultura da Xunta de Galicia do 2015 está recollida, un ano máis, na Memoria de actividades de cultura 2015!

  • No 2015 produciuse a declaración de Patrimonio Mundial da Unesco das catro rutas dos Camiños do Norte
  • O Museo de Belas Artes acolleu en 2015 a mostra O primeiro Picasso
  • O Gaiás homenaxeou a José Suárez coa mostra Uns ollos vivos que pensan
  • Santiago de Compostela acollerá o Womex 2016
  • O sector editorial galego será o protagonista da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016